Portfolios

Volante e forma de Entroido Ribeirao

Realizada co asesoramento de Juan Carlos González, artesán das máscaras do Entroido Ribeirao.

Maragato ou peliqueiro do Entroido Ribeirao

Técnica trasmitida por Juan Carlos González.

Meco do Entroido Ribeirao

Proposta de máscara artesá para o Meco.

Oso de Salcedo

Baseada na utilizada no Entroido de Salcedo. Asesoramento co artesán Ramón Lleó e colaboración do artesán Ramón Taboada.

Vixigueiro ou contrario de Samede

Baseada en obra de Genaro Maceiras e José Miguel Rial. Técnica do artesán Carlos Fontales. Realizada con Óscar Prieto.

O vello dos cornos

Asesorado por Ramón Molina e baseada na utilizada actualmente.

Felo de Maceda

Realizada co asesoramento de Marcelino de Santiago (Kukas) e reformada coas indicacións de Manuel Fernández, artesán.

Felo de Esgos

Asesorado polos Felos no Entroido de Esgos e en xuntanzas de Entroidos en Santiago de Arriba.

Boteiro de Vilariño

Asesorado por unha boteira e unha artesá durante unha xuntanza de Entroidos en Santiago de Compostela.

Vergalleiro de Sarreaus

Asesorado por Vergalleiros nunha xuntanza de Entroidos en Viana do Bolo.

Mázcara de Buxán

Asesorado polos/as integrantes do folión de Buxán.

Mázcara

Asesorado polos/as integrantes do Folión de Buxán, especialmente a xente maior.

Pantalla

Sacada de fotos e copiada dunha tradicional. O motivo da mitra é o disco de Nebra, proposto polo antropólogo Miguel Losada.

Boteiro

Proposta coa parte superior incluída nunha peza segundo se facían antigamente, para colocarlle a mitra nunha estrutura de vimbio.

Zangarrón

Asesorado polos veciños de Montamarta durante o ritual de vestir o Zangarrón.

Careto de Podence

Asesorado por artesáns da vila.

Careto

Sacada de fotografías e documentais.

Boe

Asesorado por un artesán de Ottana e feita nun curso de talla de madeira, impartido polo escultor Óscar Aldonza.

Translate »