Mázcara
Mázcara
(Buxán – Ourense)
Asesorado polos/as integrantes do Folión de Buxán, especialmente a xente maior.
Proposta de elaboración da hipotética antiga mázcara segundo testemuñas.
Estrutura de vimbio coa colaboración de Óscar Prieto do posible cono.
La natural substituíndo o papel pinocho con diferentes posibilidades de tinguido: químico, insectos (cochinilla, Dactylopius coccus) e plantas (centaura, centaurium umbellatum) por Flor María Pérez.
Boneca de trapo con cabeza de feltro e ollos, cellas, boca e meixelas afeltradas coa técnica aprendida de Sara Seijas. Postais antigas orixinais e alguna réplica.
Chapeu antigo de cura e pasamanería tamén antiga. Máscara de cartón construída a partir dunha caixa de zapatos.
Seixas seres míticos · Máscaras de entroido · Artesanía
