Máscaras
Máscaras
Cada máscara é o resultado dun proceso artesanal no que dialogan a investigación, a observación e o oficio. Elaboradas con técnicas tradicionais, con diversos materiais, e na procura de novas posibilidades técnicas, as pezas desta galería nacen do respecto polo patrimonio do Entroido e da vontade de manter vivo un saber, transmitido ao longo das xeracións. Esta galería quere ser tamén unha pequena homenaxe como agradecemento ás artesás, artesáns e persoas que, coa súa xenerosidade e experiencia, compartiron comigo os seus coñecementos e fixeron posible esta aprendizaxe.
Seixas seres míticos · Máscaras de entroido · Artesanía
